Antón Avilés de Taramancos / Xosé María Alvarez Cáccamo.
por Álvarez Cáccamo, Xosé María; Alvarez Cáccamo, Xosé María, 1950-
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar | 
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | CRA Mestra Clara Torres Sala préstamo | antón avilés de | 1 | Dispoñible | PEG004000003450 | 
  | 
 
 
Taramancos é un arrueiro de arredor de trinta casas apretadas sobre a ladeira norte do monte San Lois, na Serra do Barbanza, pertencente á parroquia de Santa María de Boa, concello de Noia. A aldea olla cara o norte, na outra banda da ría, o xeométrico perfil do Pico Tremuzo e o zócalo branco da praia de Broa. Adivíñanse detrás as alturas da serra de Outes e na rota do nordés albíscanse os asteleiros da Barquiña, a carón da vila de Noia, que os ollos non alcanzan. Entre as casas e o mar, os socalcos das veigas a baixar en leve desnivel aos areais do Testal e Taramancos. A aldea noiesa prestoulle o seu topónimo a un dos máis importantes poetas de todos os tempos da nosa historia: Antón Avilés de Taramancos. O escritor, rexistrado na partida de nacimento como José Antonio Avilés Vinagre, escolleu aquel nome de suxerentes resonancias trobadorescas para asinar as súas publicacións a partir do ano 1955 e así foi coñecido desde aquela en todas as dimensións da vida pública. Naceu Antón en Taramancos o día 6 de abril de 1935. Foiron seus pais Manuela Vinagre Fuentes, coñecida como Lela da Pastora, e Severiano Avilés Outes. Do matrimonio nacerían, ademais de Antón, que foi o primoxénito, Guillermo, José Manuel e Alfonso. A presenza materna na obra poética de Avilés, especialmente en As torres no ar (1989), ademais de manifestación dun apaixonado sentimento de amor filiar (" ...no escuro o teu amor de pedra firme/ faro que brua desesperadamente por salvarme..."), representa tamén a vía de acceso para o diálogo entre o poeta e a terra. A estirpe feminina de Antón é terra, bosque, horta, monte. Os labores infantís e xuvenís de labranza e sementeira, " a grande aventura da infancia", en palabras propias, relaciónanse na súa memoria co mundo campesiño de Lela e Pepa da Pastora, a avoa materna [...]
3º-4º ESO
1º-2º BAC