000 02713nam a2200265 i 4500
490 0 _aA Nosa Terra
500 _aTaramancos é un arrueiro de arredor de trinta casas apretadas sobre a ladeira norte do monte San Lois, na Serra do Barbanza, pertencente á parroquia de Santa María de Boa, concello de Noia. A aldea olla cara o norte, na outra banda da ría, o xeométrico perfil do Pico Tremuzo e o zócalo branco da praia de Broa. Adivíñanse detrás as alturas da serra de Outes e na rota do nordés albíscanse os asteleiros da Barquiña, a carón da vila de Noia, que os ollos non alcanzan. Entre as casas e o mar, os socalcos das veigas a baixar en leve desnivel aos areais do Testal e Taramancos. A aldea noiesa prestoulle o seu topónimo a un dos máis importantes poetas de todos os tempos da nosa historia: Antón Avilés de Taramancos. O escritor, rexistrado na partida de nacimento como José Antonio Avilés Vinagre, escolleu aquel nome de suxerentes resonancias trobadorescas para asinar as súas publicacións a partir do ano 1955 e así foi coñecido desde aquela en todas as dimensións da vida pública. Naceu Antón en Taramancos o día 6 de abril de 1935. Foiron seus pais Manuela Vinagre Fuentes, coñecida como Lela da Pastora, e Severiano Avilés Outes. Do matrimonio nacerían, ademais de Antón, que foi o primoxénito, Guillermo, José Manuel e Alfonso. A presenza materna na obra poética de Avilés, especialmente en As torres no ar (1989), ademais de manifestación dun apaixonado sentimento de amor filiar (" ...no escuro o teu amor de pedra firme/ faro que brua desesperadamente por salvarme..."), representa tamén a vía de acceso para o diálogo entre o poeta e a terra. A estirpe feminina de Antón é terra, bosque, horta, monte. Os labores infantís e xuvenís de labranza e sementeira, " a grande aventura da infancia", en palabras propias, relaciónanse na súa memoria co mundo campesiño de Lela e Pepa da Pastora, a avoa materna [...]
650 _aEnsaio
650 _aBiografías
700 _aÁlvarez Cáccamo, Xosé María
997 0 0 _e2
007 t
008 030407s2002 espo 000 0bglg d
017 _aVG. 928-2002
020 _a8495350734
080 _a929 Avilés de Taramancos, Antón
100 1 _aAlvarez Cáccamo, Xosé María,
_d1950-
_933791
245 1 0 _aAntón Avilés de Taramancos /
_cXosé María Alvarez Cáccamo.
250 _a1ª ed.
260 _a[Vigo] :
_bA Nosa Terra,
_c2002.
300 _a64 páxinas :
_bfotografías ;
_c18 cm.
521 _aESO34
_aBAC
600 1 4 _aAvilés de Taramancos, Antón,
_d1935-1992.
_947184